Boas!

O noso equipo está especializado en implantes, estética e ortodoncia, temos máis de 10 anos de experiencia e o que máis destaca o noso método de traballo é o trato persoal e a proximidade co paciente, intentando facer a experiencia o máis agradábel posible desde o primeiro momento, tanto no tratamento como nos procesos de organización, xestión, revisións e mantemento do mesmo.

Estamos aquí para dar servizo a todas as veciñas e veciños de Arteixo.

Dr. Paio
Director médico
Contacta connosco
selo que certifica que a clínica cumple cos protocolos covid-19

Contamos con todos os protocolos de prevención para garantir a seguridade dos nosos pacientes

  • Antes da visita: explicarémosche a túa visita e preguntaremos polo teu estado de saúde para comprobar se tes algúns dos síntomas asociados o coronavirus.
  • Chegada a clínica: deberás acudir coa túa mascara e o chegar a clínica tomaremos a túa temperatura co termómetro frontal. Se a temperatura excede os 37,3Cº non se poderá acceder as instalacións, en caso de ter unha temperatura inferior procederase a desinfección.
  • Durante o tratamento: o noso persoal contará cos equipos axeitados para garantir a hixiene do procedemento, tanto o espazo como o instrumental estará previamente desinfectado seguindo as máis estritas pautas de hixiene.

Os nosos tratamentos máis populares

Estas son algunhas das solucións que ofrecemos os nosos pacientes.

imaxe dun implante dental

Implantoloxía avanzada

A implantoloxía repón e rehabilita dentes perdidos ou ausentes a través da colocación de implantes. Colocase unha raíz artificial de titanio que ven substituír a orixinal e sobre a que despois se asentará o dente cerámico.

imaxe dunha ferula invisalign

Ortodoncía invisible

Esta especialidade traballa a aliñamento dos dentes para mellorar problemas na oclusión (o xeito de morder). Mellora a estética e a túa saúde bucal dun xeito cómodo e imperceptible coa ortodoncia invisible.

imaxe dun implante dental

Carga inmediata

Recupera a funcionalidade da túa boca cunha prótese fixa desde o primeiro día. Con esta técnica podemos colocar implantes dentais e unha prótese fixa provisional no mesmo día. Nun período de 3 a 4 meses colocaremos a prótese definitiva. Deste xeito facilitamos unha recuperación máis rápida e cómoda para o paciente.

imaxe dunha crianza a sorrir

Odontopediatría

A odontopediatría coida da saúde bucal dos máis pequenos desde o seu nacemento, detectando posibles anomalías na posición dos maxilares ou nos dentes para poder corrixilos canto antes e así poder evitar maiores problemas no futuro.

imaxe dunha persoa a sorrir

Deseño de sorriso

Se non estás satisfeito coa estética dos teus dentes e queres lucir un bonito sorriso podes aproveitar este tratamento. Carillas, coronas estéticas, branqueamento dental... os nosos especialistas explicaranche que é o que máis se adapta as túas necesidades e poderás ver unha mostra do resultado antes de comezar o tratamento.

imaxe dunha persoa usando fio dental

Periodoncia - enxivas sas -

Os tratamentos periodontais combaten as enfermidades das enxivas e o óso: xenxivite e periodontite. A periodoncia é un raspado da raíz do dente para eliminar a placa e o sarro. Se observas sangrado de enxivas ou movilidade das pezas dentais é importante acudir a consulta para frear o deterioro.

Tecnoloxía de vangarda

Contamos coa máis moderna tecnoloxía, o que garante unha atención profesional máis cómoda, precisa e agradábel para o paciente.

imaxe dun escáner intraoral

Escáner intraoral

Grazas a este escáner podemos obter un arquivo dixital en 3D da boca do paciente e deste xeito xerar traballos na mesma. Con este sistema, evitamos tomar rexistros de xeito manual coa incómoda pasta en cubeta, ademais obteremos resultados máis precisos e máis rápido.

imaxe dun tac 3d

Tac 3D

O uso do Tac 3D proporciona unha mellor observación mellorando o diagnóstico e a planificación do tratamento. Permítenos obter imaxes en tres dimensións dos dentes e dos ósos maxilares do paciente. Está información axuda o especialista a planificar un tratamento a longo prazo máis estable, duradeiro e fiable.

imaxe dunha camara intraoral

Cámara intraoral

Esta cámara permite un diagnóstico máis completo do paciente e axuda na elaboración dos tratamentos. A cámara intraoral capta instantaneamente imaxes internas da boca do paciente mentres traballamos. Estás imaxes son transmitidas directamente no televisor, polo que o paciente pode observar a exploración bucal, tendo constancia directa de cal é o problema bucal.

O que nos diferencia

Trato persoal e próximo

Ademais de ofrecer un tratamento de calidade un dos nosos principais obxectivos e conseguir que os nosos pacientes se sintan a gusto e cómodos en todo momento, tanto coas instalacións como no trato recibido.

Facilidades de pago

Ofrecemos a opción de adiar o pago do teu tratamento, adaptámonos as necesidades de cada paciente para que todo o mundo poda acceder os nosos servizos. Contamos con facilidades de pago e financiamento sen xuros.

Rúa Canónigo Cándido Varela, 6,

baixo dereita, 15142 Arteixo, A Coruña.

981 463 261

628 584 932

info@centroodontoloxicodrpaio.com

Contacta connosco cando queiras!

Respetamos a túa privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos.

Aviso de Cookies