Saltar ao contido principal
Volver ao equipo
Dr. Paio Viejo Viñas
Médico Director

Dr. Paio Viejo Viñas

Coordinación Clínica · Odontoloxía Integrativa

20+ anos de experiencia clínica

“Queremos curar, pero tamén axudar a valorar a importancia da prevención”.

CEO, fundador e director médico do Centro Dental Doutor Paio. Odontólogo especialista en periodoncia e implantoloxía con máis de 20 anos de experiencia no ámbito público, privado e comunitario.

Grao en Odontoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou formación de posgrao en Implantoloxía Oral, Periodoncia, Xerodontoloxía e Programas Preventivos de Saúde Oral. Ao longo da súa carreira traballou tanto no sistema sanitario público -no SERGAS e no IMSALUD de Madrid— como en clínicas privadas.Comprometido coa dimensión social da saúde, ten colaborado con Médicos do Mundo, Odontoloxía Solidaria e proxectos comunitarios. O Dr. Paio encárgase da coordinación clínica, establecendo protocolos rigorosos e os máis altos estándares de calidade con foco na excelencia.Dentro deste marco, traballamos co foco na mellora da experiencia do paciente en todos os procesos desde o diagnóstico, a prevención, o tratamento e o seguimento dos casos.

Formación

  • Grao en Odontoloxía — Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Posgrao en Implantoloxía Oral — USC
  • Posgrao en Periodoncia — USC
  • Formación en Xerodontoloxía — Universidade Complutense de Madrid (UCM)
  • Programas Preventivos e Saúde Pública — UCM
  • Colexiado Número: 15001039
Reservar cita

Listo para a túa próxima visita?

Reserva a túa cita en menos dun minuto ou chámanos ao 981 463 261